Estudo de casos |
O profesorado atenderá personalizadamente ou en grupo a actividade encamiñada á análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |
|
Estudo previo |
O profesorado atenderá personalizadamente ou en grupo as actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. |
|
Traballo tutelado |
O profesorado atenderá personalizadamente ou en grupo o traballo co que o estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
|