Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo O estudantado que voluntariamente participe en actividades de aprendizaxe-servizo, no marco da avaliación continua, será avaliado a partires do ditame da actividade entregado. A aplicación desta metodoloxía está condicionada á aprobación na convocatoria ApS 24-25. 5
Exame de preguntas de desenvolvemento O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a a través de dúas probas parciais liberatorias: 1º) Primeira proba parcial, que se realizará a metade de cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final) e 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao final do cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final).

As dúas probas parciais serán obrigatorias e escritas. Cada unha destas dúas probas parciais será liberatoria sempre que o/a alumno/a alcance unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que superando ambas as probas non estará obrigado a realizar o exame final da materia, como requisito para superar esta última.

Os alumnos que sigan a avaliación continua terán que superar as probas parciais cunha nota mínima de 5 sobre 10, e en caso contrario deberán examinarse na primeira ou segunda oportunidade da materia non superada, e na/s parte/s non superada/s deberá acadar a nota mínima de 5 sobre 10. Á nota ponderada de ambas as probas sumarase á cualificación obtida pola asistencia, participación na clase e nas actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario. De non superar as dúas probas parciais coa nota mínima de 5 sobre 10, a materia entenderase non superada e a acta reflectirá unicamente a cualificación obtida pola asistencia, a participación activa nas clases e as actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro.
Asímesmo, ao exame final poderá concorrer o alumnado que superase as dúas probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre e desexe subir nota.

As/os alumnas/os que sigan o sistema de avaliación global a súa cualificación estará constituída polo 100% do exame final, sendo diferente á realizada polo alumnado de avaliación continua.

80 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C6
D1
D4
D5
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. Para o estudantado que non participe en actividades de aprendizaxe-servizo este apartado valorarase sobre o 20% da cualificación da avaliación continua. 15 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C6
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que aparece no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que se examinarán.

De forma oportuna, ao comezo do curso, facilitarase ao alumnado un programa máis detallado cos epígrafes que compoñen cada lección.

 1.- Segundo o establecido no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non beneficiarse do sistema de avaliación continua segundo o procedemento e na data que establezan os órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao ó profesorado o primeiro día de clase.

 2.- O alumno que acepte o sistema de avaliación continua será avaliado segundo os seguintes criterios: 1o) Primeira proba parcial, realizarase a metade do cuadrimestre (40%), 2o) Realizarase unha segunda proba parcial ao final do cuadrimestre (40%), 3o) Asistencia regular, participación activa nas clases e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). Para os efectos de poder realizar esta última avaliación, controlarase a asistencia a clase e a participación activa.

Son obrigatorias as dúas probas parciais escritas, ambas realizadas durante o período lectivo. Cada unha destas dúas probas parciais é liberadora sempre que o alumno acade unha nota mínima de 5 sobre 10, polo que superadas ambas as dúas probas non estará obrigado a realizar o exame ou proba final, como requisito para superar a materia.  Se só supera unha das dúas probas, a nota obtida mantense tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame. O alumno deberá presentarse ao exame da materia non superada.

3.- Alumnado de avaliación global: a súa cualificación estará constituída polo 100% da nota obtida na proba escrita, que será diferente da que cursen os alumnos de avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaranse todas as competencias.

4.- O exame final de primeira e segunda oportunidade realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2024/2025.

A nota do exame final será a suma das cualificacións obtidas segundo os criterios e porcentaxes previamente establecidos:

-Os alumnos que sigan a avaliación continua terán que superar as probas parciais cunha nota mínima de 5 sobre 10, e en caso contrario deberán examinarse na primeira ou segunda oportunidade da materia non superada, e na/s parte/s non superada/s deberá acadar a nota mínima de 5 sobre 10. Á nota ponderada de ambas as probas sumarase á cualificación obtida pola asistencia, participación na clase e nas actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario.

De non superar as dúas probas parciais coa nota mínima de 5 sobre 10, a materia entenderase non superada e a acta reflectirá unicamente a cualificación obtida pola asistencia, a participación activa nas clases e as actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro. 

Asímesmo, os alumnos que superen as dúas probas parciais de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre poderán presentarse aos exames de primeira e segunda oportunidade para elevar a súa nota.

-Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará constituída polo 100% do exame final, sendo diferente á realizada polo alumnado de avaliación continua.

AVISO ESPECÍFICO PARA O ALUMNADO QUE ASISTA Á CONVOCATORIA DE FIN DE GRAO:

No exame de Fin de Curso, a nota final estará composta polo 100% da nota obtida na proba escrita.

O exame de Fin de Curso realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000