Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o alumnado cubra todos os seus datos e suba unha fotografía do rostro recoñecible tamaño carné ná plataforma MOOVI antes de que conclúa o mes de febreiro. Transcurrido dito prazo non se admitirán cambios sobre a desisión de seguir ou non a valiación continua.
Para avaliar a participación activa do alumnado é necesaria a asistencia a un mínimo do 85% das clases teóricas e prácticas. Para este único fin, farase un seguimento diario da asistencia. A presenza física en clase non é mérito algún (a mera asistencia contrólase, peronon non se valora). En consecuencia, asistir a clase por si só NON SE VALORA. O que sí valórase na avaliación continua é a asistencia activa (asistencia + participación).
A cualificación obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do curso académico.
Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final de preguntas de desenvolvemento, o exame de preguntas obxectivas e a avaliación continua.
A cualificación máxima que pode obterse no exame final de preguntas de desenvolvemento será de 4, sumándose á puntuación obtida no devandito exame á que correspondese na avaliación continua e a do exame de preguntas obxectivas.
IMPORTANTE: Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible aprobar tanto o exame final de preguntas de desenvolvemento como o exame de preguntas obxectivas.
En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta, e/ou exame oral. Todo este tipo de probas serán de resposta mais ben curta e poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun tema completo do programa.
Por acordo da Xunta de Facultade, o alumnado que non siga a avaliación continua ou que falte a máis dun 15 % das sesións presenciais (teóricas ou prácticas) terá dereito a realizar un exame final teórico-práctico para completar o 100% da nota no que se avaliará a adquisición de todas as competencias globais da materia.
Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame: os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da calificación virá determinada polo resultado do exame teórico-práctico.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web: http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico.