Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito sindical I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 40 A2
A5
B1
B3
B4
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes ou subeprígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40% da nota final. Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación continua, é preciso acadar como mínimnimo 4 sobre 10 nesta proba. 40 A2
A5
B1
B3
B4
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades concretas obxecto de avaliación serán especificadas polo docente responsable o primeiro día de clase. 20 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C11
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • CONVOCATORIA ORDINARIA XANEIRO (SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA OU FINAL)

DATA EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade

a) Avaliación continua. Para poder optar ao este sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80% das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais (ex. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico), se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TES-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA

b) Avaliación final. O estudantado que non se acollan ou que renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba de carácter teórico e práctico sobre todos os contidos da materia

e representará o 100% nota final. Neste caso, a parte teórica suporá o 70 por 100 da nota final e a parte práctica un 30 por 100.


  • CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade):
DATA EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade
Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de maio, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para convocatoria de xuño-xullo (2º oportunidade).Porén, se non se superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumno tería que somerterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que obte pola avaliación final teórica e práctica.


  • CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA DE EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria de fin de carreira o alumno/a será avaliado nun único exame escrito, teórico e práctico, que representará o 100 % da nota final (70 por 100 a parte teórica e 30 por 100 a parte práctica)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000