Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grado en Relaciones Laborales y Recursos Humanos
 Asignaturas
  Recursos humanos I
   Evaluación
  Descripción Calificación Resultados de Formación y Aprendizaje
Lección magistral Se evaluará participación del alumno en clase, la comprensión de la materia, la argumentación, y la capacidad de transmisión de contenidos a través de dos pruebas de evaluación continua (con una ponderación del 30% cada una donde se tendrá en consideración la participación previa en el aula -hasta un 10%-) con contenido teórico y/o práctico de cuestiones sobre la disciplina formuladas por el profesorado a lo largo del periodo lectivo. 60 A2
B1
B2
B3
B5
C17
D1
Resolución de problemas Se evaluará la participación del alumnado, la comprensión de la materia, la aplicación de técnicas específicas adecuadas, la argumentación, y la capacidad de transmisión de contenidos a través de varias pruebas de evaluación con contenido práctico de cuestiones sobre la disciplina formuladas por el profesorado a lo largo del periodo lectivo.
La aplicación de esta técnica se corresponde en su mayoría con las prácticas de la materia de los grupos de prácticas.
10 A2
A4
A5
B1
C17
D1
Estudio de casos Se evaluará la participación del alumnado, la comprensión de la materia, la aplicación de técnicas específicas adecuadas, la argumentación, y la capacidad de transmisión de contenidos a través de varias pruebas de evaluación con contenido práctico de cuestiones sobre la disciplina formuladas por el profesorado a lo largo del periodo lectivo.
La aplicación de esta técnica se corresponde con las prácticas de la materia de los grupos de prácticas.
30 A2
B1
D1
 
Otros comentarios sobre la Evaluación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC e a descrición desta guía está pensada para esta modalidade de avaliación. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido, que será publicado no MooVi da materia. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 

Sistema de Avaliación Continua (AC)

a. Sistema de avaliación: realizaranse ao longo do curso 2 probas teóricas vinculadas á metodoloxía da lección maxistral, cunha ponderación do 30% cada unha delas. Ademais, realizaranse varias actividades avaliables relacionadas coa resolución de problemas, así como co estudo de casos.

 b. O alumnado que sexa avaliado no réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a materia e de obter o 100% da nota. Superarase a materia sempre e cando a suma ponderada dos resultados de tódalas probas/actividades efectuadas ó longo do período lectivo sexa maior ou igual a 5 puntos sobre 10. Mais é preciso superar tambén cada un dos tres tipos de avaliacions descritos (e decir, obter en cada un deles unha nota igual ou maior que a metade da máxima que aporte dita proba; no caso de non obter en algúnha delas esa metade, terá que presentarse a proba final so coa parte non superada).

c. E obrigatoria a asistencia ás clases nas que este programada unha proba/actividade avaliable. A programación das probas/actividades avaliables estará a disposición do alumnado no MooVi da materia.

d. Se a/o alumna/o por causas xustificadas (véxanse no regulamento do estudantado) non puidera realizar algunha das probas/actividades avaliables deberá poñerse en contacto co profesorado responsable de dita actividade coa maior brevidade e de ser posible con anterioridade á súa data de celebración, acreditando de forma documental a causa xustificada e para establecer unha nova data. As probas/actividades avaliables non realizadas contarán como cero.

e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

f. A concreción das actividades de avaliación continua a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes, así como da dispoñibilidade de medios.

g. As actividades de avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións establecidas ó efecto, debendo cada estudante asistir ó grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesorado.

h. Recoméndase que o alumnado asista ás clases con regularidade, e ás titorías cando o precisen e se impliquen activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas/actividades de avaliación. O sistema de concertación de titorías figurará no MooVi da materia.

i. Se o/a estudante non supera a materia por avaliación continua, este/a poderá presentarse ó exame de avaliación global da convocatoria ordinaria, que terá lugar na data oficial establecida polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Nese caso, na convocatoria ordinaria a nota final do curso (primeira oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas/actividades de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total) e da nota obtida na proba de avaliación global (cunha ponderación do 40% do total). Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

j. Na convocatoria extraordinaria ou segunda oportunidade realizarase un exame final que terá lugar na data e hora establecidas polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, cunha puntuación máxima de 10 puntos. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.

Proba de Avaliación Global (AG)

a. Tanto na primeira oportunidade (convocatoria do 2º cuadrimestre) como na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), e na convocatoria de fin de carreira o alumnado será avaliado cun exame final a realizar na data e hora establecidas polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, cunha puntuación máxima de 10 puntos. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.

b. Recoméndase que o alumnado que opte polo exame de avaliación global asista ás clases con regularidade, e ás titorías cando o precisen e se impliquen activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi e estar ó tanto das datas de realización das probas de avaliación global. O sistema de concertación de titorías figurará no MooVi da materia.

c. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo para o curso 2023/24. Consulten a páxina web da facultade, por se hai cambios.

 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". 


DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesorado.

2. Os teléfonos móbiles deben estar pechados na realización das probas e o alumnado non debe ter consigo reloxos e demais dispositivos intelixentes na realización das mesmas, agás autorización expresa do profesorado.

3. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento (tales como manual, apuntes, enunciado da práctica, entre outros).

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.

6. Para a realización dos exames só se permite o material indicado polo profesorado.

7. O/a alumno/a deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

8. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula, nin fotografiados nin gravados polo alumnado.

9. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesorado.

10. No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos véxase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesorado poderá adoptar as medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000