Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. |
30 |
|
|
|
|
Ao comezo
do curso o alumno/a poderá optar de forma expresa polo sistema de: - ·
avaliación
continua, ou - ·
proba
final
A formalización
da opción farase nun documento que lle entregará o profesor/a. Primeira convocatoria de exame (maio): Os alumnos/as que opten polo sistema de
avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases (mínimo o 80%) tanto as
correspondentes a sesións maxistrais como as de carácter práctico, a resolución
de casos, a participación nas prácticas propostas polo profesor e na
realización, se procede dalgún exame tipo test antes da finalización da
materia, serán cualificados cunha porcentaxe do 30 %. Valorarase cun 40% a elaboración dun traballo
individual ou colectivo que será exposto polos alumnos/as sobre as materias e o 30% restante a
nota da proba final. Para poder ter en conta as cualificacións obtidas durante
o curso, os alumnos/as que opten por avaliación continua, en todo caso deberán
aprobar a proba escrita final. En caso contrario, serán avaliados unicamente
atendendo á cualificación obtida na proba final. Os alumnos/as que optasen pola
proba final serán cualificados, única e exclusivamente, por dita proba de
preguntas curtas ou preguntas a desenvolver (100% da nota). Segunda convocatoria de exame (xullo): Os alumnos/as do sistema de avaliación
continua reservarase a cualificación da devandita avaliación (asistencia, casos
e prácticas) e, por tanto, a proba final puntuarase co 30% da nota. A nota
final obterase da suma da nota da avaliación continua do curso e a da nota da
nova proba final. Convocatoria fin de carreira: O 100% da nota obterase da realización
dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver. |