Exame de preguntas obxectivas |
Se plantexarán entre 4 e 6 preguntas de resposta curta para avaliar os coñecementos adquiridos |
40 |
A2 A3 A4 A5
|
B1 B2
|
C52 C53
|
|
O sistema de avaliación será o de continua. Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a deberá asistir regularmente a clase. Para estes efectos, realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a incumpriu este requisito se acumula máis de tres faltas de asistencia sen xustificar. Nese sistema de avaliación continua, para aprobar a asignatura esíxese acudir á proba final ou exame de preguntas obxectivas e obter un mínimo de 2 puntos sobre 4. As notas da avaliación continua gárdanse ata a convocatoria de xullo do curso académico seguinte -incluso nunha eventual participación na convocatoria de fin de carreira-. Os alumnos/as que -por circunstancias excepcionais- non realicen a avaluación continua, farán un exame final que contará o 100% da nota, dividido do seguinte xeito: unha parte teórica (cunha calificación máxima do 60%) xunto cun exame con casos prácticos relativos ás materias explicadas durante o curso (cunha calificación máxima do 40%). Do mesmo modo será avaliado o alumnado que participe nunha convocatoria de fin de carreira que non corresponda ao curso inmediatamente seguinte no que teña cursado esta materia. |