Os/as estudantes deberán manter actualizados os seus datos de contacto en MOOVI. Ademais, é necesario subir alí unha foto tipo carné para evitar a entrega de fichas en formato papel.
(*)Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudantado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso promovidos pola dinámica da clase, e do grupo de destinatarios/as real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, aportarase ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. |