Na sesión maxistral explicaranse os aspectos fundamentais da materia. Calquera dúbida ou
cuestión poderá exporse tanto nas devanditas clases, nas clases prácticas ou no horario de
titorías que se publicará ao iniciar o curso e que se poderán desenvolver virtualmente.
Resolución de problemas
Nos traballos na aula, o alumno aplicará os coñecementos adquiridos na sesión maxistral
mediante a realización de casos prácticos, comentarios de sentenzas, etc. baixo a orientación e
supervisión do profesor.
Traballo tutelado
Os alumnos realizarán dous traballos, un en relación con cada área de coñecemento, xa sexa en grupo ou individualmente. O profesor orientará ao alumno na súa elaboración e presentación.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000