CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS Esta materia ten dúas modalidades de evaluación: continua e global. O primeiro día de clase, entregaráselles unha folla de opcións de avaliación que deberán entregar ao profesor dentro dun mes e na que deben escoller entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación global. Se optan pola avaliación continua, na primeira oportunidade do exame, non poderán pasar á modalidade de avaliación global. O alumnado que opte pola avaliación continua, realizará ól ongo do curso as diferentes probas descritas no apartado avaliación desta guía, é decir, dous test, un traballo que será entregado ao profesor e obxeto de exposición na aula, así como a resolución de casos práctios que se plantexarán nos grupos medianos. Con istas probas poderase alcanzar un máximo de 6 puntos. En todo caso, para poder seguir a modalidade de evaliación continua o alumnado deberá asistir a un 80% das clases prácticas. Ademáis o alumnado realizará un examen teórico escrito de varias preguntas, de carácter obrigatorio, que se celebrará na data prevista no calendario de exámenes da facultades e que puntuará cun máximo de 4 puntos. Sólo se sumará a calificación das probas da evaliación continua si no examen se alcanza unha nota igual o superior a 2 puntos. PUBLICACIÓN DAS CALIFICACIÓNS: As calificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidades de Vigo con acceso limitado ó profesorado da materia e a todo o alumnado matriculado. CRITERIOS DE AVALIACIÓN GLOBAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS
Aqueles estudantes que non se sometan á avaliación continua, a proba que se vai realizar será a de modalidade de avaliación global, que constará de dúas partes: a realización dun examen teórico escrito de varias preguntas así como a resolución dun caso práctico. A proba escrita cualificarase nun máximo de 8 puntos e a resolución do caso práctico nun máximo de dous. A nota da resolución do caso práctico só se engadirá á da proba escrita sempre que a cualificación obtida nela sexa igual ou superior a catro. En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán as mesmas que no sistema de avaliación dos asistentes
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DA CARREIRA
1. Os alumnos que, optando polo sistema de avaliación continua non superen a materia na primeira oportunidade, manterán a nota que obtiveron na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xuño/xulio e, se procede, seguinte curso académico), tendo que facer exclusivamente e con carácter obrigatorio a parte teórica do exame que consistirá, como na primeira oportunidade, en varias cuestións que representan o 40% da nota. Así mesmo, só se sumará a calificación das probas de evaliación continua si no examen se alcanza unha nota igual o superior a dous puntos. As competencias e resultados de aprendizaxe evaluados serán os mesmos que na Primeira edición de Actas.
2. Aqueles alumnos que optaran polo sistema de evaluación global, o sistema de avaliación será o establecido nos criterios de avaliación global 1ª Edición de Actas.
3. A evaluación correspondente á convocatoria de fin de carreira será igual que a modalidade de sistema de evaluación final descrita nesta guía (criterios de avaliación final, 1ª edición de Actas).
As datas e horarios das probas de avaliación das distintas materias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado polo Consello de Facultade para o curso 2024-2025. |