Preténdese con esta asignatura que o estudante enfoque axeitadamente o estudo das asignaturas futuras e que obteña unha comprensión adecuada da dimensión xurídica.
Tamén se examinarán as últimas correntes doctrinais e xurisprudenciais fundamentais para entender o sentido do Dereito: postconstitucionalismo, postpositivismo, etc.
Esta materia impártese tamén no Programa Conxunto de Estudos Oficiais do Grao Ade-Dereito no primeiro cuatrimestre do primeiro curso, e o profesor responsable é Xosé Manuel Pacho Blanco (xmpacho@uvigo.es). |