Primeira Convocatoria ordinaria. Sistema de avaliación continua. O alumnado que se acolla ao sistema de avaliación continua serán avaliados segundo os criterios sinalados anteriormente. O primeiro exame valerá un 30% da nota, e o exame final valerá un 40% da nota, sendo o resto porcentual da parte práctica de asistencia e entrega de traballo. O estudantado necesitará unha calificación mínima de 5 sobre 10 en todas as partes para que sexan tidas en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. Sistema de exame final. Os alumnos e alumnas que non seguiron ou non superaron a avaliación continua terán dereito a un examen final
teórico e práctico no que se avaliarán as competencias globais da materia e constituirá o 100 % da cualificación da materia. O exame consistirá nunha parte teórica donde se farán unha serie de preguntas; e na parte práctica se desenvolverá un caso práctico e se contestará a unha serie de preguntas relacionadas co mesmo. Segunda oportunidade. Os estudantes que superando a avaliación continua non alcanzasen a cualificación mínima farán un exame similar ao da primeira convocatoria, e se lles conservarán as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua. Os estudantes que non se acollesen a avaliación continua terán dereito a un exame final teórico e
práctico similar ao da primeira convocatoria, que constituirá o 100 % da cualificación da materia. Convocatoria fin de carreira. Para aqueles estudantes que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consistirá nun exame sobre a materia obxecto do Programa da asignatura. As datas de exame de todas as convocatorias estarán fixadas e a disposición dos estudantes tanto na propia Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo como na súa páxina web. Recoméndase para que os estudantes participen na avaliación continua, que suban a súa ficha de estudante á plataforma virtual. |