1.- AVALIACIÓN CONTINUA O alumnado deberá superar todas as
probas periódicas e realizar todos os traballos, actividades ou
exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso, o cal computará o 100% da nota. Concretamente, realizaranse 3 probas (con ponderacións do 20%, 30% e 30%) e un traballo (cunha ponderación do 20%). 2.- EXAME FINAL O alumnado que non teña superado ou
realizado algunha das probas periódicas ou algún dos traballos,
actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster. Neles deberá entregar os traballos ou actividades
pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso,
podendo conservar as notas das probas superadas e dos traballos ou
actividades realizados ao longo do curso. A nota final calcularase
exclusivamente en base ás calificacións obtidas nas probas,
actividades e traballos. Se o alumnado non supera as probas, traballos ou actividades pendentes no exame final, a nota final máxima na materia será de 4,5. O alumnado que non opte pola avaliación continua poderá ir só ao exame final, que tendrá neste caso un peso do 100%. Nota importante sobre o sistema de avaliación: Unha vez superado o prazo dun mes dende o comezo do cuadrimestre, o alumnado dispondrá dun prazo de 10 días hábiles para
manifestar, formalmente e por escrito, a súa intención de acollerse ao sistema de avaluación global na convocatoria ordinaria do cuadrimestre, renunciando así á avaliación continua. Para isto,
deberá dirixir un correo electrónico ao profesor/a responsable da
materia, con copia ao coordinador/a do máster (mcinternacional@uvigo.es).
En caso de non manifestar esta intención, enténdese que o/a alumno/a
sigue a avaliación continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria do cuadrimestre. |