É necesario realizar unha presentación pública e defensa do Traballo de Fin de Máster. Na convocatoria de xuño terase en conta a avaliación continua das distintas fases presentadas e o cumprimento dos prazos correspondentes, podendo penalizarse cada incumprimento. Na convocatoria de xullo unicamente terase en conta o traballo presentado, con especial atención á calidade dos seus contidos, a súa corrección e orixinalidade, así como a súa presentación e defensa. |