O sistema de avaliación definido anteriormente corresponde a avaliación continua Avaliación global: Nas datas establecidas polo realizaranse os exames fináis: Calendario e horario de exames: Primeira convocatoria: 21/05/2025 as 11.30 h. Segunda convocatoria: 1/07/2025 as 11.45 h. Primeira convocatoria: O alumnado que supere as probas de estratexia empresarial ou de promoción económica polo sistema de avaliación continua conserva a cualificación obtida nas devanditas probas e queda exento destes contidos na primeira convocatoria.
Os estudantes que non cumpran a condición anterior poderán presentarse ás probas de "estratexia empresarial" e "promoción económica", que consistirán nun exame de preguntas de desenvolvemento sobre os temas de estratexia empresarial e un exame tipo test sobre os temas de promoción económica.
Coas ponderacións establecidas para a avaliación continua, é necesario obter unha nota mínima ponderada de "aprobado"(5 sobre 10) para superar esta proba.
É necesario superar tanto o caso de planificación operativa como o exame teórico (estratexia empresarial e subvencións), cunha nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles, sendo a nota final a que resulte de aplicar as ponderacións establecidas para a avaliación continúa.
Segunda convocatoria: O alumnado que supere as probas de estratexia empresarial ou de promoción económica polo sistema de avaliación continua conserva a cualificación obtida nas devanditas probas e queda exento destes contidos na segunda convocatoria. Na data establecida polo centro para a realización da proba final da segunda convocatoria, plantexarase un suposto de planificación operativa que sumará ata o 50% da nota final. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba. Ademais, haberá un exame teórico sobre temas de estratexia empresarial e un exame tipo test sobre temas de promoción económica. É necesario superar tanto o caso de planificación operativa como o exame teórico (nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles).A nota final calcularase pola media simple das notas obtidas no caso de planificación operativa e no exame teórico. Polo tanto, cos seguintes pesos: Caso
de planificación operativa: 50% Proba
de estratexia empresarial: 35%Test
de promoción económica: 15% En
función do desenvolvemento da materia, o profesor poderá propoñer traballos,
prácticas ou probas parciáis que complementen a nota do exame.
|