Ao tratarse dunha asignatura cun carácter integrador, na que convergen contidos impartidos en diferentes materias, e ao situarse nun curso avanzado do plan de estudos, aconséllase dispoñer dun coñecemento aceptable dun bo número de materias localizadas previamente no plan de estudos.
A lista anterior é orientativa pero non exclusiva e non é imprescindible telos superados. Pero os profesores asumen que o alumnado de terceiro posúe os coñecementos previos necesarios para aprobar as materias dese curso.
Esta guía didáctica anticipa as liñas de actuación que deben levarse a cabo co alumno na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, poderá requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do colectivo destinatario ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, facilitaráselle ao alumno a información e pautas específicas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. |