Avaliación continua
Probas de seminario, cada proba puntúa sobre 10 puntos coa seguinte ponderación: Contas Individuais 20%, Contas Consolidadas 20%, Análise Contable 20% (isto suma o 60%).
Exame de preguntas de desenvolvemento (Aspectos teóricos e Informes de Auditoria) 40%. Os estudantes que obtivesen máis de 4 puntos en cada proba e cuxa nota media ponderada sexa igual ou superior a 5 puntos superarían a materia. En caso contrario, a cualificación será suspenso e deberán acudir á avaliación global. Quen tivese unha cualificación igual ou maior a 5 en dúas ou máis probas non terán que examinarse das mesmas na 1ª convocatoria de avaliación global. Darase a oportunidade de mellorar a nota de avaliación continua presentándose á proba de avaliación global que integrará todas as partes. Avaliación Global
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudante poderá optar por ser avaliado, cumprindo a normativa vixente e dentro dos prazos legais establecidos, cunha proba final que supoñerá o 100% da cualificación. Igual para a segunda convocatoria.
Se a proba constase de varias partes deberá obterse un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas e unha nota media ponderada igual ou superior a 5 puntos para superar a materia, idéntico criterio ao de avaliación continua. Fin de Carrera
Na convocatoria de fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación
Se a proba constase de varias partes deberá obterse un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas e unha nota media ponderada igual ou superior a 5 puntos para superar a materia, idéntico criterio ao de avaliación continua e avaliación global. Datas de exames
Deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade.
Horario de titorías
Estará dispoñible na plataforma MOOVI. |