Guia docente 2024_25
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Réxime fiscal da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Prácticas: A entrega das propostas de solución das 9 sesións prácticas feitas en grupo avaliarase conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario ter entregado alomenos 6 casos para ter puntuación nas probas test.

Probas avaliación: En AC ó remate das partes II e III do programa da materia, realizaránse dúas probas presenciais nas que proporáse un caso que o alumnado deberá resolver de xeito individual que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos (40%) e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos (30%).
70 C6
C13
C19
D3
D4
D6
D8
D11
D16
D17
D18
Resolución de problemas de forma autónoma En Avaliación Contínua, avaliaraáse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada tema.
En AC, este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos (30%).
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo de traballo ó que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 C13
C19
D2
D3
D4
D5
D6
D11
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizaráse unha Avaliación Contínua (AC en adiante) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente.
Para superar a asignatura por AC deben cumprirse dúas condicións:

1) Alcanzar alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos tres apartados puntuabeis: proba IRPF, proba IS e tests.

2) Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuabeis  (probas IRPF e IS e tests).

A nota por AC será a suma das notas parciais obtidas no proceso.

O estudante non poderá continuar coas probas de AC se non acada alomenos un 25% na proba individual de IRPF.

Aqueles estudantes que non superen a materia por AC terán a opción de presentarse á proba de Avaliación Global (AG) na convocatoria ordinaria oficial. Esta proba de AG consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS.  A proba de AG suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos na AC.

En caso de non presentarse á convocatoria ordinaria pero ter feito alomenos 3 prácticas e 3 tests en AC, se considerará "presentado" e a nota final será a obtida en AC.

O alumnado que se presente á convocatoria extraordinaria ou á convocatoria fin de carreira realizará unha proba de Avaliación Global con dous estudos de caso (IRPF e IS).  Esta proba suporá o 100% da cualificación.

(as datas dos exames finais poderán ser consultadas na páxina web do Centro:  http://fcomercio.uvigo.es

---------

Sempre e cando @ estudante supere a materia segundo os criterios antes descritos, sumaráselle á nota que obteña un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo Centro, a Universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.

Para elo, o profesorado da materia comunicará previamente ó alumnado polos medios habituais (en horas presenciais ou por Moovi) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificaráse a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto;  en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.

O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargaráse de recopilar dita información e trasladárllela ó profesorado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000