Estudo de casos |
Realizaranse 9 sesións prácticas que terán lugar en aulas-seminario.
Para cada sesión proporánse casos a estudar en grupos reducidos (de 3 ou 4 estudantes) conformados ó inicio do curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos plantexados.
O alumnado disporá previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Virtual e deberá elaborar no seu grupo reducido unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través da Plataforma Virtual antes do desenvolvemento da sesión presencial.
Adicionalmente realizaránse dous estudos de caso presenciais individuais que servirán como probas de avaliación (unha de IRPF e outra de IS). |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Virtual, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral e na práctica correspondentes.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que deberá responder nos prazos sinalados. |