=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
#Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen (todas excepto prácticas de laboratorio)
* Metodoloxías docentes que se modifican (ningunha). En todo caso a lección maxistral impartirase telemática ou virtualmente
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías telefónicas, foros segundo a plataforma oficial da Universidade, correo electrónico)
* Modificacións (se proceden) dos contidos para impartir (ningunha)
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe (ningunha)
* Outras modificacións: En caso de situación excepcional substituiranse
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas (mantense o proposto na guía docente)
* Probas pendentes que se manteñen (todas)
* Probas que se modifican: ningunha. En todo caso se se produce situación excepcional, a realización das probas será virtual a través da plataforma habilitada pola Universidade
* Novas probas (ningunha)
* Información adicional: en todo caso se xorde unha situación excepcional a metodoloxía de lección maxistral impartirase virtualmente e a realización das probas será igualmente virtual a través da plataforma habilitada pola Universidade
|