Código |
Descrición |
A9 |
Coñecer e saber aplicar aspectos avanzados da computación cuántica: aprendizaxe cuántica, arquitectura cuántica eficiente, modo de funcionamento dos aceleradores cuánticos, computación de altas prestacións, sistemas cuánticos baseados en regras e aplicacións ao cálculo numérico. |
A10 |
Coñecer escenarios de aplicación práctica da computación cuántica en problemas de interese científico, tecnolóxico e financeiro. Identifica dominios que presentan vantaxe cuántica. Coñecer as institucións e empresas que son actores da computación cuántica, adquirindo unha perspectiva da axenda que é razoable esperar nos próximos anos. |
B1 |
Coñecer os fundamentos teóricos da mecánica cuántica, o formalismo matemático, os axiomas e os sistemas máis sinxelos. |
B2 |
Adquirir coñecementos sobre sistemas cuánticos con moitos graos de liberdade como medio de almacenamento e procesamento da información. |
C1 |
Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan |
C2 |
Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais |
C3 |
Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos |