Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciencia e tecnoloxías de información cuántica
 Materias
  Sistemas físicos para a información cuántica
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A4 Coñecer e ser capaz de aplicar as teorías físicas inherentes á comprensión dos sistemas de procesamento da información cuántica, incluíndo a termodinámica cuántica, así como os aspectos avanzados do magnetismo e a mecánica cuántica.
A6 Coñecer e comprender a natureza das plataformas físicas para o procesamento da información cuántica en sistemas fotónicos: óptica cuántica, sistemas ópticos integrados, sistemas optoatómicos, sistemas de detección e medida, fotónica de semicondutores.
B6 Adquirir coñecementos sobre sistemas físicos capaces de implementar o tratamento da información en graos de liberdade cuánticos.
B7 Coñecer a óptica cuántica e o papel e as propiedades da luz e a súa manipulación no procesamento e comunicacións da información cuántica.
B10 Coñecemento dos novos materiais cuánticos en estado sólido, as súas propiedades físicas e topolóxicas.
C1 Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan
C2 Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais
C3 Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000