Código |
Descrición |
A11 |
Adquirir unha base sólida sobre a teoría cuántica da información na súa aplicación ás comunicacións cuánticas, así como sobre a tecnoloxía dos dispositivos fotónicos empregados nas comunicacións cuánticas, tanto terrestres como aéreas e vía satélite. |
A12 |
Adquirir habilidades para o deseño e estimación de recursos que permitan o desenvolvemento de canles e redes de comunicación cuántica e de computación distribuída. Coñecer o estado de desenvolvemento e implantación actual das redes cuánticas, e os plans para a súa expansión. |
B11 |
Coñecemento das comunicacións cuánticas, principios teóricos e implementacións experimentais, tanto terrestres como aéreas e vía satélite. |
B12 |
Ter coñecementos sobre a criptografía cuántica, as súas bases teóricas, as implementacións existentes e os retos aos que se enfrontan. |
C1 |
Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan |
C2 |
Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais |
C3 |
Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos |