Haberá dúas modalidades de avaliación na convocatoria ordinaria: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua consiste na entrega dun boletín de exercicios resoltos individualmente por cada alumno (30%), dun traballo realizado en grupo e guiado polo profesor (30%), e un exame escrito ao final do curso (40%). A avaliación global consistirá nun único exame escrito ao final do curso. Considerarase que un alumno optou á avaliación global se non presenta o boletín de exercicios. A avaliación continua impide unha cualificación final de non presentado.