O Traballo Fin de Máster (TFM) é un traballo académico, persoal e orixinal que se debe presentar en público e que é avaliado por un tribunal.
Trátase dun proxecto no que o estudante ten que mostrar os coñecementos adquiridos durante o mestrado. Debe concluir coa redacción por escrito dun conxunto de explicacións, teorías, ideas, razoamentos, descrición de desenvolvementos ou deseños, etc. sobre unha temática elixida polo alumno, e supervisada por un titor ou titores, que velarán pola súa progresión e polo nivel de calidade. Non obstante, o Traballo Fin de Máster é responsabilidade única do aspirante ao título de máster.