Nesta materia abordaranse, por unha parte, cuestión ético-legais da ciberseguridade. Farase unha revisión exhaustiva da normativa sobre ciberseguridade, con atención especial ao Esquema de Seguridade Nacional e á normativa da UE. Por outra parte, abordarase á ameaza que para a ciberseguridade constitúe a cibercriminalidade. Realizarase un estudo criminolóxico dos principais delitos informáticos. O bloque central está formado por unha revisión sistemática da regulación dos delitos informáticos contida no Código Penal español, pero tamén se atenderá a unha norma internacional de referencia como é o Convenio Internacional sobre Cibercriminalidade. Ademais, analizarase a xurisprudenza existente nesta materia.