Nesta materia introdúcense os conceptos fundamentais relacionados coa xestión da seguridade da información (e.g. vulnerabilidade, ameaza, risco) e estúdanse as metodoloxías, ferramentas e especificacións que se ocupan da análise de riscos e do desenvolvemento de sistemas de xestión de seguridade da información. Trátanse tamén os sistemas de resposta a incidentes, recuperación de desastres e continuidade de negocio.