Avaliarase a solución ofrecida á primeira práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código.
10
Prácticas con apoio das TIC
Avaliarase a solución ofrecida á segunda práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código.
25
Prácticas con apoio das TIC
Avaliarase a solución ofrecida á tercera práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código.
25
Exame de preguntas obxectivas
Cada estudante realizará, individualmente e sen ningún tipo de material de apoio, un exame de teoría a final do cuadrimestre (a data exacta publicarase a principio de curso na web da materia) sobre a totalidade dos contidos da materia.
40
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dous mecanismos de avaliación, avaliación continua (AC) e avaliación global (AG), rexidos polas seguintes condicións:
A modalidade de avaliación elixida (AC ou AG) será única e, por tanto, aplicable tanto á teoría como ás prácticas.
A AC inclúe as probas descritas no apartado anterior: un puntuable de teoría, e tres prácticas.
O alumnado confirmará a modalidade de avaliación definitiva a través da entrega das prácticas, en función do prazo (de AC ou AG) ao que se acolla.
Con independencia da modalidade elixida, as prácticas realizaranse sempre individualmente.
Establécese unha nota mínima de 2 puntos tanto en teoría (dun total de 4 puntos) como en prácticas (dun total de 6 puntos) para poder aprobar a materia.
Se a nota resultante de sumar as cualificacións de teoría e prácticas é igual ou maior que 5 puntos pero o/a estudante non alcanza a nota mínima esixida nalgunha delas, a súa cualificación final será suspenso (4.5).
Se o alumnado se presenta a algunha das probas de avaliación da materia non poderá figurar na acta como "non presentado".
As probas de AC só se levarán a cabo nas datas estipuladas polo equipo docente, non podendo repetirse máis tarde.
En caso de plaxio, asignarase a nota suspenso (0) e este feito será notificado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AC:
Parte teórica (40%): A nota desta parte resulta da cualificación do exame de teoría final de cuadrimestre, cuxa cualificación máxima é de 4 puntos.
Parte práctica (60%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nas practicas (ata 1, 2,5 e 2,5 puntos respectivamente, ata 6 puntos en total).
O estudantado que non aprobe a materia na oportunidade ordinaria, poderá conservar a cualificación obtida tanto en teoría como en prácticas para a oportunidade extraordinaria, sempre que alcanzase a nota mínima esixida na parte que desexen gardar (2 puntos en ambos os casos).
Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AG:
Parte teórica (40%): A nota desta parte corresponde ao exame final realizado na data aprobada pola Xunta de Escola, sobre un máximo de 4 puntos.
Parte práctica (60%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nas prácticas (ata 1, 2,5 e 2,5 puntos respectivamente, ata 6 puntos en total). Os entregables poderán ser idénticos aos esixidos en AC ou incluír modificacións nas funcionalidades para desenvolver. Entregaranse en formato electrónico e serán avaliados polo profesorado fóra de clase.
Procedemento de avaliación na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira:
Parte teórica (40%). A nota desta parte corresponde ao exame final na data que aprobará a Xunta de Escola, sobre un máximo de 4 puntos.
Parte práctica (60%). Entregaranse as 3 prácticas en formato dixital. As funcionalidades esixidas poderán ser as mesmas que na oportunidade ordinaria ou incluír modificacións que serán publicadas coa debida antelación. Dado que non existe a modalidade de AC, as condicións de avaliación son idénticas ás descritas no apartado de AG da oportunidade ordinaria.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000