A seguridade nun centro de procesamento de datos implica a implantación dunha variedade de medidas físicas e lóxicas para protexer a infraestrutura e os datos almacenados no CPD, co obxectivo de garantir a dispoñibilidade, confidencialidade e integridade da información e sistemas críticos para unha organización. Nesta materia farase unha introdución ás diferentes arquitecturas de centros de datos así como ás instalacións físicas auxiliares necesarias para o seu funcionamento. Traballaremos coas tecnoloxías de virtualización máis estendidas no mundo empresarial e confiaremos nelas para fortalecer o noso centro de procesamento de datos, os servizos que se ofrecen dende el e os datos que nel se aloxan.