Un sistema operativo recentemente instalado é inherentemente inseguro. Presenta certas vulnerabilidades dependendo de factores tales como a idade do S.O., a existencia de portas traseiras sen parchear, os servizos que proporciona e o uso de políticas por defecto que non teñen como primeiro obxectivo a seguridade. Por fortificación dun S.O. referímonos ó acto de configurar dito S.O. coa intención de facelo tan seguro como sexa posible, intentanto minimizar o risco de que quede comprometido a ser explotada algunha das vulnerabilidades. Isto xeralmente implica a aplicación de parches de seguridade, o cambio de certas políticas por defecto del S.O. e a eliminación (ou deshabilitación) de aplicacións e servizos non esenciais.
A guía da asignatura está dispoñible no vínculo correspondente da UDC.