Prácticas de laboratorio |
Realizaranse varias sesións prácticas guiadas polos profesores onde se asentarán os conceptos apresos nas clases teóricas. En ditas prácticas utilizaranse dispositivos de rede reais (routers e switches) e/ou software de virtualización que permitirá ao alumno a súa instrución e adestramento na súa propia casa. De forma natural, as actividades definidas poderán incluír apartados/retos adicionais que complementarán o traballo autónomo do estudante, que se describe no seguinte item. Os alumnos deben adquirir nas prácticas as competencias CB2, CB4, CG1, CG3, CG5, CE1, CE4, CE8 |
Prácticas con apoio das TIC |
Máis aló das prácticas guiadas, o alumno terá que despregar/configurar/implementar algunhas solucións particulares, para certos escenarios, de forma autónoma. Nestas actividades trabállanse as competencias CB2, CB4, CB5, CG1, CG3, CG5, CE1, CE4, CE8 |