Desenvolver aplicacións seguras non é unha tarefa trivial. Coñecer as vulnerabilidades que habitualmente sofren as aplicacións, os mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso, así como a incorporación da seguridade ó ciclo de vida de desenrolo, é esencial para poder construír e manter aplicacións seguras con éxito. Nesta materia estúdanse de forma práctica todos estes aspectos, con especial énfase no desenvolvemento de aplicacións e servizos web.