Nesta materia preséntanse as principais técnicas para proporcionar privacidade e anonimidade en redes, sistemas e aplicacións. Estúdanse conceptos e métodos de privacidade diferencial, técnicas de mellora da privacidade (PET), privacidade na xeolocalización, privacidade para aprendizaxe máquina e técnicas de anonimidade. Tamén se exploran as implicacións da privacidade desde o deseño e aspectos éticos e legais da privacidade.