Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua consistirá na realización dun exame final (40% da cualificación) e no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría a escala (30% da cualificación). A avaliación global consistirá na realización dun exame fina escrito (40% da cualificación) e no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría a escala (dous, 30% da cualificación cada un) que se presentará antes do último día hábil anterior ao período oficial de exames. As probas escritas das modalidades de avaliación global e continua non serán necesariamente iguais. Os alumnos optarán por unha ou outra modalidade de avaliación ata a data do exame escrito do curso. Quen non superen a materia na oportunidade ordinaria da convocatoria dispoñen dunha convocatoria extraordinaria ao final do curso na que se reavaliarán os seus coñecementos cunha proba escrita ou se reavaliará o seu proxecto se se mellorou ou modificou. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixiu. A cualificación das probas só fornece efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario de avaliación escollido. |