Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o estudantado ten que desenvolver.
Trabállanse as competencias B1, B4 e C29. |
Traballo tutelado |
O alumnado, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lectura, conferencias, etc.
Trabállanse as competencias B1, B4, B8 e C29. |
Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Trabállanse as competencias B1, B4, B8 e C29. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situación concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado (laboratorios, aulas informáticas, etc.).
Trabállanse as competencias B1, B4, B8 e C29.
Software empregado: OrCAD PSpice, Excel, Matlab, Compilador de C. |