Resolución de problemas |
Resolución de exercicios propostos |
33 |
A2
|
B4 B8
|
C28
|
|
Para as oportunidades ordinaria e extraordinaria de avaliación poderase escoller entre avaliación continua ou avaliación global. O estudantado que opte por avaliación global deberá notificalo por escrito no prazo de un mes dende o inicio das clases da materia. 1. Avaliación continuaA avaliación continua consiste na avaliación das tarefas propostas polo profesorado ao longo do curso. O alumnado executará as tarefas e entregarán un informe de cada unha das tarefas. O profesorado poderá facer preguntas ao alumnado sobre as tarefas executadas có fin de evaluar os coñecementos adquiridos. O profesorado cualificará ao alumnado a partir do seu desempeño na realización das tarefas e os informes. As cualificacións serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Enténdese que o alumnado opta por avaliación continua se presenta algunha das tarefas propostas. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria. A súa cualificación será a de avaliación continua. 2. Avaliación globalO alumnado que non participa na avaliación continua terá que realizar un exame. Este exame constará de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumnado relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro. 3. Oportunidade extraordinariaO alumnado dispón dunha oportunidade extraordinaria para superar a materia. Terá que superar un exame que consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumnado relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro. Este exame é o mesmo para todo o alumnado, seguisen ou non a avaliación continua. |