Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Informe detallado das tarefas realizadas durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. |
5 |
A4
|
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test. |
40 |
A5
|
|
C24
|
|
Os estudantes, en oportunidade ordinaria, poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben por avaliación global. Durante a primeira semana do curso, os estudantes deberán comunicar ao coordinador da materia a súa elección. En caso de elexir avaliación continua, ofrécese un período de 1 mes para poder renunciar a ela. Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado". Para oportunidade extraordinaria os estudantes serán avaliados utilizando a modalidade de "avaliación global" (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento en relación ao proposto na entrega da práctica). As notas obtidas en oportunidade ordinaria non se conservan para oportunidade extraordinaria. Nos estará permitido o plaxio nen a copia. En caso de detección de plaxio ou copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á
dirección do Centro para os efectos oportunos. 1- AVALIACIÓN CONTINUA Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos. A cualificación será o resultado de sumar as cualificacións recibidas en cada unha das partes seguintes: - Exame 1:
- Datas: Aprobadas nunha Comisión Académica de Grado (CAG), dispoñibles ao principio do cuatrimestre
- Individual
- Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento
- Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test
- Puntuación máxima = 2 puntos
- Exame 2:
- Datas: Calendario oficial (coincidindo co exame da avaliación global para aqueles que optasen por esa modalidade)
- Individual
- Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento exceptuando os que xa foron avaliados no Exame 1.
- Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test
- Puntuación máxima = 4 puntos
- Práctica:
- Datas: Ao longo do cuatrimestre (non sendo as prácticas obrigatorias).
- En grupo
- Informes/memorias
de prácticas e Práctica de laboratorio: Asignarase unha calificación
persoalizada a cada membro do grupo segundo o seguinte algoritmo:
- Nota final práctica = (Memoria + Práctica) * Factor de ponderación
- Nota máxima Memoria = 0.5 puntos
- Nota máxima Práctica = 3.5 puntos (comprobación do correcto funcionamento da práctica e posibles cambios a realizar nela, en grupo ou de xeito individual)
- Factor de ponderación = (Seguimento por parte do profesor + Avaliación por pares) / 20
- Seguimento por parte do profesor: Do traballo realizado por cada alumno observado polo profesor (0-10).
- Avaliación
por pares: Dentro de cada grupo. Cada alumno puntúa aos seus compañeiros en
relación ao traballo aportado (0-10). Faise unha media aritmética para
cada alumno.
- Puntuación máxima = 4 puntos
2- AVALIACIÓN GLOBAL E FIN DE CARREIRA Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos. - Exame teórico:
- Datas: Calendario oficial.
- Individual.
- Contidos: Impartidos no global da parte teórica da materia.
- Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test.
- Puntuación máxima = 6 puntos
- Exame práctico e entrega da práctica:
- Datas do exame: Calendario oficial.
- Datas de entrega da práctica: Antes do exame.
- Individual
- Tipo de exame: Comprobación do correcto funcionamento da práctica e posibles cambios a realizar nela.
- Puntuación máxima = 4 puntos
|