Traballo tutelado |
Sempre que sexa posible o alumnado dividirase en grupos, para deseñar, desenvolver e probar unha aplicación para dispositivos móbiles. O resultado será avaliado despois da súa entrega tendo en conta aspectos como a corrección, calidade e prestacións da aplicación desenvolvida. Así mesmo, durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do deseño e da evolución da implementación, que poderá incluir probas de avaliación intermedias. |
40 |
A2 A5
|
B8
|
C33 C34
|
|
Presentación |
Cada grupo de alumnos debe presentar e defender en inglés a aplicación desenvolvida ao finalizar o curso. A defensa debe incluír unha demostración práctica do uso da aplicación. |
10 |
|
B8
|
C33 C34
|
|
Práctica de laboratorio |
En cada sesión de prácticas o alumnado demostrará o correcto funcionamento dos desenvolvementos levados a cabo durante a sesión. |
30 |
A2
|
B8
|
C33 C34
|
|
OPORTUNIDADE ORDINARIA
Seguindo as directrices propias da titulación ofertarase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. Cando finalice o primeiro mes do curso, o estudantado deberán indicar ao profesorado da materia o sistema de avaliación elixido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión.
Sistema de avaliación continua
O estudantado que opte polo sistema de avaliación continua deberán: - Realizar un conxunto de probas parciais, con preguntas tipo test. Estas probas parciais realizaranse ao finalizar cada unha das sesións maxistrais. Estas probas suporán un 20 % da cualificación global da materia.
- Realizar un conxunto de probas prácticas, no laboratorio, de resolución de problemas e/ou casos. Estas probas realizaranse ao finalizar cada unha das sesións de prácticas. Estas probas suporán un 30 % da cualificación global da materia.
- Deseñar, desenvolver e defender unha aplicación móbil (traballo tutelado). Esta tarefa suporá un 50 % da cualificación global da materia. O 10 % reservase para a presentación e defensa da aplicación móbil desenvolvida.
A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco. Sistema de avaliación global
O estudantado que opte polo sistema de avaliación ao final do cuadrimestre deberán: - Realizar un exame final, con preguntas tipo test ou de resposta curta (un 20 % da cualificación global).
- Realizar e demostrar o correcto funcionamento das prácticas de laboratorio (un 30 % da cualificación global).
- Deseñar, implementar e defender unha aplicación móbil desenvolvida por eles mesmos (traballo tutelado), e sempre que sexa posible en grupo (un 50 % da cualificación global, un 10 % se reserva para a presentación e defensa da aplicación móbil).
- Presentar un dossier no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das prácticas de laboratorio e especialmente sobre o traballo tutelado.
A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das tarefas indicadas se se entrega un dossier completo, ou cero en caso contrario. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA
Á avaliación en oportunidade extraordinaria só poderán presentarse aqueles estudantes que non se presentaron ou que suspenderon a materia na oportunidade ordinaria.
A avaliación consistirá en realizar unha, dúas ou tres das seguintes tarefas, dependendo da cualificación obtida previamente nas probas equivalentes da oportunidade ordinaria: - Realizar un exame final, con preguntas de tipo test ou de resposta curta (un 20 % da cualificación global).
- Realizar e demostrar o correcto funcionamento das prácticas de laboratorio (un 30 % da cualificación global).
- Deseñar, implementar e defender unha aplicación móbil desenvolvida por eles mesmos (traballo tutelado) (un 50 % da cualificación global, un 10 % se reserva para a presentación e defensa da aplicación móbil).
- Adicionalmente, quen seguise o sistema de avaliación global, deberá presentar un dossier no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das prácticas de laboratorio e especialmente sobre o traballo tutelado.
No caso de que a cualificación nas probas da oportunidade ordinaria, equivalentes a estas, sexa maior ou igual que cinco, o alumno pode optar por manter a súa nota da oportunidade ordinaria ou realizar a proba de novo. OUTROS COMENTARIOS - As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
- Aínda que (sempre que sexa posible), o traballo tutelado desenvolverase en grupo, levarase a cabo un seguimento continuo da actividade realizada por cada estudante dentro do grupo. No caso de que o rendemento dun/dunha estudante non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo ou poderá ser cualificado de forma individual. Este criterio aplicarase igualmente á presentación da aplicación desenvolvida.
- O uso de calquera material durante a realización dos exames e probas de avaliación terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado da materia.
- En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
|