Prácticas de laboratorio |
Realización por parte do alumnado de prácticas, guiadas e supervisadas polo profesorado, nas que se desenvolverán aspectos básicos das aplicacións móbiles para a plataforma Android. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB2, CG8, CE33 (Ce46/OP16) e CE34 (CE47/OP17).
|
Traballo tutelado |
Deseño, implementación e proba dunha aplicación móbil. Este traballo desenvolverase en grupo, baixo a tutela do profesorado da materia. Realizaranse reunións periódicas para determinar a correcta evolución dos traballos. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB2, CB5, CG8, CE33 (CE46/OP16) e CE34 (CE47/OP17). |
Presentación |
Presentación e defensa da aplicación móbil desenvolvida ao longo do curso. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG8, CE33 (CE46/OP16) e CE34 (CE47/OP17). |