Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecese ao alumnado que curse esta materia dous posibles sistemas de avaliación: 1) Avaliación continua: A cualificación final calcularase en base a: - Exame final (ata 4 puntos) - Resolución de exercicios (ata 6 puntos) Requírese unha nota mínima de 35% no exame final para aprobar a materia. De non acadala, a cualificación pasará a ser: a) 4.9 puntos, se a cualificación global sen ter en conta o requisito do 35% no exame non é inferior a 5. b) Diretamente a do exame, noutro caso. As cualificacións correspondentes á resolución de exercicios manterase para a oportunidade extraordinaria, na que se poderá realizar un novo exame final. A entrega de calquera boletín de exercicios implica asumir avaliación continua. 2) Avaliación global ao remate do cuatrimestre: A cualificación final é a obtida no exame final, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria. En caso de detección de copia en calquera das probas (informes de exercicios ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |