Traballo tutelado |
Estableceranse grupos de traballo que levarán a cabo o deseño e comprobación dun circuíto composto por compoñentes pasivos e dispositivos activos. Disporase de grupos pequenos (C), que permitirán realizar un seguimento do desenvolvemento dos proxectos. Realizarase un control de asistencia. As actividades a desenvolver nos grupos C son:
- Debate acerca de posibles solucións e alternativas de deseño.
- Análise e seguimento da solución proposta para o proxecto.
- Memoria coa presentación e a análise dos resultados obtidos.
- Presentación e debate de resultados
Nesta metodoloxía trabállase a competencia A4, A5, B8 e a C10 |