A cualificación final expresarase de forma numérica entre
0 e 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de Setembro;
BOE 18 de setembro). Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación
continua e avaliación global. Os alumnos deben elixir ao inicio da materia se
desexan seguir a avaliación continua ou prefiren presentarse a avaliación global ao final
do cuadrimestre. Os alumnos que opten por avaliación global deberán comunicalo por escrito ao coordinador da materia no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre. AVALIACIÓN CONTINUA EN OPORTUNIDADE ORDINARIA
Os alumnos que opten por avaliación continua, pero non
aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación global na oportunidade extraordinaria. As distintas tarefas deben entregarse na data
especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a avaliación
continua. Se o número de alumnos o permite, os alumnos realizarán os exercicios teóricos, as
prácticas de laboratorio e os traballos de laboratorio preferentemente de maneira
individual. No caso de realizarse en grupos de dous alumnos a cualificación
será a mesma para ambos. Se se segue a materia de forma continua, pódese faltar
como máximo a 2 sesións de calquera tipo. Se se faltou a máis de 2 sesións, será
obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame. 1) Prácticas de laboratorio. Cada práctica puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa
influencia na nota total da materia en función do número de horas asignado a
cada tema práctico. É dicir, a nota das prácticas, obtense da forma seguinte: PL = Nota Tema 1L + ... + Nota Tema 7L 2) Exercicios teóricos e problemas. Avaliarase cada un dos exercicios e problemas plantexados
nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa
influencia na nota total da materia en función da dificultade e da lonxitude do exercicio. O exercicio principal consiste na realización dunha
rutina software e un periférico hardware para realizar a función asignada a
cada alumno e comparar as prestacións de ambos, en canto a tempo de execución e
recursos lóxicos utilizados. O contido correspóndese co tema 7 de teoría. Será
necesario ensinar o profesor o funcionamento de cada un dos circuítos e
programas. Será necesario entregar una memoria breve explicando o traballo
realizado. A nota total será a suma das notas de cada un dos
exercicios: ET = Exercicio 1 + ... + Exercicio N 3) Traballo tutelado. Traballo de deseño dun sistema encaixado. Avaliarase o
correcto funcionamento dos circuítos e programas desenrolados. O traballo
práctico puntuarase sobre 10. 4) Presentación. Exposición oral do traballo realizado. A presentación
puntuarase sobre 10. En caso de superar os exercicios teóricos (ET), as
prácticas de laboratorio (PL) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de
cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas
de cada parte da materia: NF = 0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO En caso de non superar algunha do tres probas (nota
dalgunha proba < 5), a cualificación final (NF) será: NF = mínimo [4,9; (0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10
* PO) ] Sendo: ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos. PL = Nota conxunta das prácticas de laboratorio. TA = Traballo Autónomo práctico. PO = Presentación Oral. AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria e extraordinaria) E CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
Os alumnos que opten pola evaluación global en oportunidade ordinaria ou non aproben a materia e teñan que presentarse a avaliación global en oportunidade extraordinaria, deberán realizar un exame que se dividirá en dúas partes: unha
teórica e unha práctica. A parte teórica consistirá no deseño dun periférico cunha
determinada funcionalidade que dispoña dun interface AXI-Lite, que permita a súa
conexión a un Microprocesador. A puntuación será sobre 10 e a súa ponderación
na nota final será do 40%. A parte práctica consistirá no deseño dun sistema encaixado
cos periféricos necesarios para realizar unha determinada tarefa. A puntuación
será sobre 10 e a súa ponderación na nota final será do 60%. En caso de superar cada unha das partes, e dicir, que a
nota de cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada de
ambas notas: NF = 0,40 * ET + 0,60 * EP En caso de non superar algunha das partes (nota < 5), a
cualificación final (NF) será: NF = mínimo [4,9; (0,40 * ET + 0,60 * EP)] Sendo: ET = Nota deseño periférico AXI. EP = Nota deseño sistema encaixado. En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |