1. Oportunidade ordinaria
1.1. Avaliación continua
A avaliación continua está formada polas catro partes seguintes cos seus respectivos pesos:
Parte 1.- Laboratorio (35%), que se divide en: - Desenvolvemento das prácticas: seguimento (10%) máis a proba práctica (10%).
- Informe das prácticas de laboratorio (15%).
Parte 2.-Exames de teoría (45%), que se divide de forma orientadora en: - Preguntas de desenvolvemento (20%).
- Problemas (25%).
Parte 3.-Traballo tutelado (10%), no que se presentarán os resultados nun informe do traballo de grupo C.
Parte 4.-Observación sistemática (10%). Terase en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a participación do alumnado na realización das actividades propostas para o seu traballo autónomo e a participación nas titorías.
A nota final, a cal se puntúa sobre un máximo de 10 puntos, é a suma das notas de cada parte se se cumpren as seguintes condicións:
- Condición 1.-Realizar un mínimo do 80% das prácticas de laboratorio.
- Condición 2.-Obter unha puntuación mínima do 40% na avaliación de laboratorio (parte 1), nos exames (parte 2) e no traballo tutelado (parte 3).
Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a nota final será a suma das notas de cada parte ou 4,9 puntos sobre 10, no caso de que dita suma sexa superior ou igual a 5 puntos.
O alumnado que opte por avaliación continua e que non alcanzase a nota mínima en algures pode recuperala no exame final da oportunidade ordinaria ou da extraordinaria. No caso da oportunidade ordinaria, o peso das partes para recuperar non debe exceder o 40% da nota total. No caso do traballo tutelado, se non se alcanzou a nota mínima, o prazo para presentar as melloras propostas polo equipo docente é a data do exame final da oportunidade ordinaria ou a de a extraordinaria.
Para aprobar, os alumnos deben obter unha puntuación total igual ou superior ao 50% da nota máxima (5 puntos).
A proba práctica realizarase nunha das últimas sesións de laboratorio. As probas de preguntas de desenvolvemento e de problemas dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo do período de docencia da materia.
Se transcorrido o primeiro mes de actividade académica e despois de realizar o primeiro exame parcial o alumnado non renuncia expresamente á avaliación continua, considerarase que é o método de avaliación que elixiu.
1.2. Avaliación global
O alumnado que non opte pola avaliación continua ou que non realizase, polo menos, o 80% das prácticas, pódese presentar a un exame final.
O exame final consiste nunha proba práctica e nunha teórica, cada unha correspondente ao 50% da nota total. Para aprobar débese obter un mínimo do 40% en cada parte e sumar en total, como mínimo, 5 puntos. Se a suma total é igual ou superior a 5 puntos, pero non se alcanzou o mínimo en ambas as partes, a nota final será de 4,9 puntos.
O alumnado que non optase por avaliación continua e non se presente ao exame final terá a cualificación de Non Presentado.
2. Oportunidade extraordinaria
Na oportunidade extraordinaria a avaliación é como a descrita na avaliación global.
3.- Integridade académica
En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |