Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o estudantado aplica os métodos de deseño descritos nas sesións maxistrais. Todas as sesións son guiadas e supervisadas polo profesorado.
Nas sesións de laboratorio trabállanse as competencias B4, C10, C11, C12 e C14.
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. O estudantado debe chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos de deseño máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e tutorizanse en grupos de tamaño reducido.
Mediante os proxectos trabállanse as competencias A4, A5, B4, B8, C10, C11, C12 e C14. |