Para facilitar ao alumnado o traballo nas horas
de prácticas non presenciais, é convinte que o alumnado asista a todas as
clases presenciais de grupo B. Tamén é convinte que realice todos os boletíns
de problemas e prácticas propostas, para así adquirir as destrezas que logo se
esixirán nas probas de avaliación. Oportunidade Ordinaria: A) Para quen se acolla á Avaliación Continua
(AC): 1. A asistencia a lo menos o 80% das clases
prácticas (grupo B) relativas ás tecnoloxías de microondas é obrigatoria.
Nese caso, a avaliación do traballo práctico se realizará a través dunha ou
varias probas individuais, de resolución de problemas/deseño de circuítos pasivos
e/ou activos, usando o simulador de circuítos. Unha destas probas pode implicar
realizar e entregar un informe dun deseño de circuíto. Esta/s proba/s se
corresponderá/n en total con até o 25% da cualificación total da materia
(CTM). 2. A avaliación da
materia relativa a deseño de circuítos de RF se realizará a través da entrega
dun ou varios informes sobre a resolución de
problemas/deseño (individual ou grupal) con axuda de ferramentas CAD. Esta
avaliación poderá incluír unha entrevista sobre o traballo realizado. Esta/s
proba/s se corresponderá/n en total con até o 15% da CTM. 3. O resto da materia será avaliado (de forma
individual) a través de 2 Puntuables que conterán resolución de problemas,
ademais de poder conter cuestións de resposta curta. O Puntuable 1
avaliará contidos da parte de tecnoloxías de microondas, e correspóndese con
até o 25% da CTM. O Puntuable 2 avaliará contidos da parte de
fotónica, e correspóndese con até o 35% da CTM. Antes da realización do Puntuable
2, é obligatorio que o alumnado comunique `por escrito á coordinación da asignatura a súa opción de avaliación nesta oportunidade:
Avaliación Continua ou Avaliación Global. Esta comunicación poderá realizarse ata 3 días antes do exame. De non realizar esta comunicación, se asumirá que o estudante opta por Avaliación Global. A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e
estará dispoñible ao principio do cuatrimestre. Estas probas non son recuperables. B) Para quen se acolla a Avaliación Global en
Exame Final (100% CTM), se terá en conta soamente a nota obtida neste exame, o
cal incluirá todo o contido teórico e práctico da materia. Así, o exame pode
incluír a resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador de
circuítos), a contestación a preguntas de resposta curta e a realización
dun ou varios deseños de circuítos con axuda do simulador. Oportunidade Extraordinaria e Fin de Carreira: Se presentarán aqueles que non superen a
materia na Oportunidade Ordinaria, debendo realizar un exame das mesmas
características que o descrito na opción B. En particular, quen na Oportunidade Ordinaria elixiu Avaliación Continua, poderá optar a conservar as cualificacións obtidas
nas prácticas TIC de microondas (25%) e na resolución de problemas da parte de
RF (15%), polo que realizará unha versión curta do exame da opción B (60% CTM)
que incluirá todo o contido da materia, a excepción dos relativos á parte de RF
e non terá o apoio do simulador. É obligatorio que o alumnado comunique por escrito á coordinación da asignatura a súa opción de avaliación nesta oportunidade: Avaliación Continua ou Avaliación Global. Esta comunicación poderá realizarse ata 3 días antes do exame. De non realizar esta comunicación, se asumirá que o estudante opta por Avaliación Global. En caso de detección de plaxio nalgún dos
traballos realizados polo alumnado, a cualificación final da materia será
de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para
que tome as medidas que considere oportunas. |