1. Avaliación continua
Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase nesta materia un sistema de avaliación continua.
Enténdese que o alumnado que realice 1 proba obxectiva (proba de teoría) ou 1 sesión de prácticas de laboratorio ou 1 sesión de proxecto tutelado despois de transcorrer un mes desde o encomezo das clases opta pola
avaliación continua da materia.
A avaliación da materia divídese en probas obxectivas (60%) e probas prácticas (40%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final dun estudante que escolla esta vía no poderá ser "non presentado". A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. 1.a Probas obxectivas (tipo test e/ou preguntas curtas)
Realizaranse 2 probas parciais obxectivas (PO), probas de teoría, debidamente programadas ao longo do curso.
Cada proba constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba (PO) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que falte será de 0 puntos. Para superar esta parte de probas obxectivas será necesario obter polo menos
5 puntos de 10 en cada unha delas (PO1 > = 5 e PO2 >= 5). Se PO1 > = 5 e PO2 >= 5 entón a nota final obtida nas probas obxectivas (NPO) será a media aritmética das notas das probas:
NPO = (PO1 + PO2)/2 en caso contrario a nota será: NPO = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2. 1.b Probas prácticas 1.b.1 Prácticas de laboratorioRealizaranse 5 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de todas as prácticas. A valoración da parte práctica farase de forma individual. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido por cada membro do grupo durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase cunha nota (PL) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas de laboratorio (NPL) será a media aritmética de todas elas. Para superar esta parte práctica será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en NPL. Ademais, o estudantado só poderá faltar a 1 sesión (na que PL = 0); se isto non se cumpre NPL = 0. 1.b.2 Proxecto tutelado Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignaranse os proxectos concretos. O profesorado seguirá o desenvolvemento do traballo nas restantes sesión de titoría en grupo (horas tipo C). O proxecto será avaliado en función do traballo desenvolvido, da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) de 0 a 10 puntos. Para superar esta parte, NPT terá que ser de polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudantado non poderá faltar a máis de 1 sesión; se isto non se cumpre NPT = 0. 1.c Nota final da materia Na nota final (NF), as probas
obxectivas terán un peso do 60% (30% cada proba) e as probas prácticas o restante 40% (o
25% de NF corresponderá á nota final obtida nas prácticas de laboratorio
(NPL) e o 15% de NF á nota obtida no proxecto tutelado (NPT)). Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de probas
obxectivas (parte de teoría), a parte de prácticas de laboratorio e a
parte do proxecto tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte: NF = 0,60·NPO + 0,25·NPL + 0,15·NPT No
caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 <5), ou de non superar algunha das
partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), a nota final será a obtida
coa seguinte expresión: NF = min( { 4,9; (0,60·NA + 0,25·NB + 0,15·NC) } ), onde: NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2. NB = min( {5; NPL} ) NC = min( {5; NPT} ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 2. Avaliación global
Quen non opte pola avaliación continua poderá presentarse a un exame global que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, quen non optase pola avaliación continua deberá realizar dúas probas obxectivas, unha proba práctica, e entregar unha memoria final dun proxecto tutelado previamente asignado. As dúas probas obxectivas constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Estas probas obxectivas, PO1 e PO2, valoraranse de 0 a 10 puntos. A proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas de laboratorio (NPL) será a cualificación obtida. Para avaliar o proxecto tutelado terase en conta o traballo desenvolvido, a calidade dos resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT) de 0 a 10 puntos. Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de de 5 puntos sobre 10 en PO1, PO2, NPL e NPT. Neste caso a cualificación final será a obtida coa seguinte expresión: NF = 0,60·NPO + 0,25·NPL + 0,15·NPT, onde: NPO será a media aritmética das notas das probas obxectivas: NPO = (PO1 + PO2)/2 No caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas
parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 < 5), ou de non superar
algunha das partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), a nota final será a obtida coa seguinte expresión: NF = min( { 4,9; (0,60·NA + 0,25·NB + 0,15·NC) } ), onde: NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2. NB = min( {5; NPL} ) NC = min( {5; NPT} ) Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 3. Oportunidade extraordinaria e convocatoria de fin de carreira
Estas convocatorias constarán dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan no apartado 2. Terá o mesmo formato que a avaliación global e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do proxecto tutelado o alumnado debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación. Na oportunidade extraordinaria, as notas das partes ás que non se presente o estudante serán as obtidas na oportunidade ordinaria (avaliación continua o global) do curso académico actual. Ademais, neste caso só poderá presentarse ás probas que non superou na oportunidade ordinaria. O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2. 4. Sobre o comportamento ético do alumnado Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en
calquera dos traballos/probas realizadas, a cualificación final será de
SUSPENSO (0) e o feito será
comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |