Os estudantes poden optar por avaliación continua ou por avaliación global. 1.- As probas de avaliación continua permiten ao estudante obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1.1. Probas de resposta curta periódicas que se levarán a cabo ao principio ou ao final da clase, que suman un 30%.
1.2. Probas de resposta curta nos seminarios, que suman un 20%
1.3. Probas prácticas para a avaliación dos traballos tutelados (25%) e a presentación dos mesmos (25%)
As tarefas de avaliaciónn continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un estudante suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a unha das probas de resposta longa e participe en dúas actividades de debate en seminarios. Un estudante que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.
Si un estudante, tendo presentado a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia sería a media de ambas.
2.- Exame de avaliación global. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o estudante que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame de avaliación global é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro en oportunidade ordinaria, e ao que deben asistir obrigatoriamente aqueles estudantes que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, de dez preguntas, segundo o descrito no apartado de avaliación. Pode preguntarse calquera contido explicado en clases de aula, seminarios ou presentacións de proxectos.
O exame de oportunidade extraordinaria e, no seu caso, o de fin de carreira terá unha estrutura similar ao exame final (avaliación global). Código ético En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |