1. Coñecer os métodos máis comúns para a resolución numérica de problemas de valor inicial para EDO.
2. Familiarizarse cos conceptos de converxencia e orde, relacionados coa precisión, e co de estabilidade numérica, relacionado coa explosión do erro.
3. Observar os fenómenos do punto anterior, así como o efecto dos erros de redondeo sobre a converxencia, mediante a implementación en ordenador dalgún dos métodos estudados.
II. SISTEMAS DINÁMICOS:
1. Manexar con soltura algúns métodos analíticos de integración de ecuacións diferenciais ordinarias.
2. Entender e saber analizar os sistemas dinámicos de baixa dimensión.
3. Entender os conceptos elementais de bifurcacións e saber aplicalos a problemas concretos.
4. Usar os sistemas dinámicos para modelar e analizar problemas de interese industrial.