En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Nun prazo máximo dun mes desde o comezo do curso, o alumnado debe elixir o método de avaliación para a oportunidade ordinaria: avaliación global ou avaliación continua. No caso de ter escollido a avaliación continua, a cualificación non poderá ser 'non presentado'. De todos os xeitos, o alumnado poderá cambiar a avaliación global unha semana antes da proba final. A oportunidade extraordinaria sempre se avaliará mediante avaliación global, aínda que, opcionalmente, parte das notas da avaliación continua poden ser tidas en conta. Idioma de instrución: Inglés. Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións. A avaliación dos informes e as prácticas levarase a cabo igualmente en inglés. O último exame pode ser contestado en inglés, galego ou español. 1.- Oportunidade ordinaria Avaliación global: Haberá un exame final que incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario obter un 5 sobre 10 para aprobar o exame. Avaliación continua: A materia será avaliada ao longo de todo o curso: • Prácticas en aulas de informática: realizaranse diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso do 40% na nota final. • Traballos tutorizados: realizaranse diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso do 5% na nota final. • Prácticas de laboratorio: realizaranse diferentes prácticas de laboratorio. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso do 15% na nota final. • Proba final: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 40% da nota final. • Asignarase obrigatoriamente unha cualificación na modalidade de avaliación continua. 2.- Oportunidade extraordinaria: O alumnado levará a cabo unha avaliación única que incluirá temas e ou problemas relacionados cos contidos impartidos tanto en sesións maxistrais, seminarios como nos traballos supervisados (100% da nota final). O alumnado que elixiu a avaliación continua para a primeira oportunidade pode, opcionalmente, realizar esta avaliación única sobre o 40% da cualificación final. 3.- Convocatoria fin de carreira: Consistirá nun examen con preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario obter un 5 sobre 10. Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual. 4.- Uso de Intelixencia Artificial Xenerativa Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xenerativa (IAX). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas. |