A lingua da materia é o inglés. As probas, informes e exames serán en inglés. Os alumnos/as poden optar por avaliación continua ou por avaliación global. 1.- As probas de avaliación continua permítenlle ao alumno/a obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1.1. Catro probas de resposta curta, cun 10 % da nota total cada unha (40 %). 1.2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas (35 %). 1.3. Avaliación dos traballos tutelados (15 %) 1.4. Presentación dos traballos (7 %). Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso da intelixencia artificial xerativa (IAx). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de usar IAx, todos os resultados que proporcione deben ser avaliados de forma crítica e todas as citas ou referencias xeradas deben verificarse coidadosamente. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas empregadas. 1.5. Traballo autónomo (3 %)
As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno/a suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das catro probas de resposta curta. Un alumno/a que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que realice ou non o exame final. Se un alumno/a, que se presenta á avaliación continua, opta por realizar o exame de avaliación global, a nota final da materia será a media de ambas.
2.- O exame de avaliación global consta de dez preguntas. Os lugares a as datas publícanse na páxina web da Escola. Pode preguntarse calquera contido explicado nas clases de aula, laboratorio ou presentacións de proxectos. Na oportunidade extraordinaria aplicarase o mesmo procedemento ca na avaliación global. Na convocatoria de fin de carreira aplicarase o mesmo procedemento ca na avaliación global. Código ético En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |